HISTORIA DA R.G.T.
Antecedentes de RGT
A Revista Galega de Teatro ten unha “prehistoria” que hai que rastrexar no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega cuxo número 0 aparece en Vigo no ano 1983. A creación deste Boletín foi unha iniciativa, entre outras, que levou adiante a sección de Vigo da Escola Dramática Galega (E.D.G) con sede na Coruña. Cando se decide, desafortunadamente, clausurar a sección de Vigo da EDG o Boletín pasará a denominarse Boletín de Información Teatral para mudar pouco despois en Información Teatral, máis tarde Información Teatral-Revista Galega de Teatro e definitivamente, desde o número 11, en Revista Galega de Teatro.

Unha pequena metamorfose guiada sempre polo obxectivo de “dar un paso máis no camiño da normalización teatral en Galicia” como xa podemos ler no número 0 daquelas “hojas volanderas” como alguén as chamou no Faro de Vigo cando apareceu. Normalización que consistía e consiste aínda en informar sobre a actividade teatral do país. Hai polo tanto unha continuidade na liña programática entre aquel primeiro Boletín de oito páxinas aparecido no “século pasado” e os últimos números aparecidos con máis de cen páxinas.
Estrutura interna e contidos.
Certamente existe unha continuidade pero con mutacións importantes.
Na actualidade a RGT é editada por unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro denominada Entre bambalinas e conta cun equipo de redacción de once persoas todas elas relacionadas con diferentes aspectos do mundo do teatro desde a investigación á pedagoxía, a escritura, a xestión ou a práctica actoral: Che Mariño, Xosé M. Pazos, Pedro P. Riobó, Manuel F. Vieites, Lourdes Veiga, Inma Lòpez Silva, Vanesa Sotelo, Ricardo Solveira, Casilda Alfaro, Gonzalo Rodríguez, Roberto Pascual, Afonso Becerra e Antón Lamapereira. Desde este equipo de redacción, que foi ampliándose ao longo dos anos e do que tamén formaron parte Conchi Costas e Iria Méndez, vanse deseñando número a número os diferentes contidos da RGT.
A liña da revista sempre estivo presidida pola independencia de calquera opción partidista ou corporativa, a procura do rigor e a honestidade informativa, a atención preferente ao teatro galego pero con curiosidade por calquera aspecto de interese do teatro en xeral. E desde estes principios básicos intentamos estruturar os diferentes temas conxugando a información coa creación, a divulgación e o ensaio.
Ata o ano 1995 a revista foi buscándose a vida como puido recibindo patrocinio de Caixanova, a Concellaría de Cultura do Concello de Vigo, do Ministerio de Cultura e ata -e isto é digno de resaltar- da Compañía de Teatro de Ningures. Nestas circunstancias, como é fácil adiviñar, a súa periodicidade era irregular aínda que sempre pertinaz. É xustamente no ano 1995 cando se asina o 1º Convenio de Cooperación Cultural co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais de Galicia ( IGAEM) Desde entón regularízase a súa aparición que nun primeiro momento foi trimestral para desde o ano 2000 converterse en trimestral. E niso estamos…

Edición de textos dramáticos.
Coincidindo co nº 8, comezaron a editarse dentro da mesma publicación textos dramáticos. Inaugurou a colección 2132 un texto que nos ofreceu Roberto Vidal Bolaño cando lle comentamos o proxecto; a súa factura pode resultar dramaticamente heterodoxa xa que o propio autor definiuno como “fragmentos dun guión para un cómic”. Tamén de Roberto, sen dúbida un dos nosos mellores dramaturgos, é Memoria de mortos e ausentes, edición de Pedro P. Riobó, publicado nun número especial dobre que lle dedicamos. Seguindo cos creadores galegos, apareceron textos, entre outros, de Euloxio R. Ruibal, Jenaro Mariñas do Val, Luísa Villalta, Manuel Forcadela, Xesús Pisón, Liño Braxe, Constantino Rábade, Raúl Dans, Manuel Lourenzo ou Xosé Manuel Pazos. E, referíndonos a algúns dos máis novos, citaremos a Patricia Piñeiro, Vanesa Martínez , Iván Caloto ou Rubén Ruibal..
Pero a nómina de autores publicados non ten fronteiras e a dramaturgos en lingua castelá tan significativos como Juan Mayorga, Iztiar Pascual, Ernesto Caballero, Jerónimo López Mozo, Pomba Pedrero, José Ramón Fernández, Elena Cánovas, Yolanda Pallín ou o mejicano Jaime Chabaud engádense os de lingua francesa como Michel Azama ou croata como Asja Srnec.
Aquí é necesario citar o acordo da RGT co Cercle Artistic de Ciutadella de Menorca, entidade que convoca anualmente o Premi Born de Teatre. Por medio deste acordo o Premio Born foi traducido por vez primeira ao galego na XXXI edición de 2006 gañada por Carlos Be con Origami e tamén o van ser os gañadores de futuras convocatorias.
O Premi Born será deste xeito o único premio de teatro que apareza traducido a tres das catro linguas do estado español: en galego, en catalán e en castelán. Esta circunstancia é sen dúbida un valor engadido para un galardón que xa está considerado como un dos máis prestixiosos e mellor dotados economicamente.
Son máis de corenta os textos aparecidos nos que predomina o sinal da contemporaneidade. Apostando polo contemporáneo facilitamos materiais en lingua galega con temáticas, problemas e situacións actuais que poden ser levadas a escena por calquera compañía profesional ou de grupos amateurs como sabemos que está sucedendo.
Por outra banda, sempre que podemos aproveitamos a aparición de cada número da RGT para dar a coñecer por medio de lecturas dramatizadas os autores e a súa obra. Preparamos as lecturas de tal forma que poidan participar nelas tanto actrices e actores profesionais como afeccionados. É o caso, por pór algún exemplo, da lectura na RESAD de Madrid da obra Terra polo medio de Ernesto Caballero, na que participaron intérpretes galegos estudantes de Arte Dramática con dirección de Ricardo Solveira; no Museo de Arte Contemporánea de Vigo do texto Act-Tress de Xosé Manuel Pazos con actrices de Teatro de Ningures; na Galería Sargadelos de Ferrol da lectura por parte de alumnas e alumnos do grupo de teatro dun instituto da cidade da obra Os facedores de bonecas de Belén Roca e tamén, na Galería Sargadelos de Lugo, a lectura do texto Rexurdimento de Afonso Becerra pola compañía Nove-Dous.

O Fondo Teatral “María Casares”
A Asociación Cultural Entre Bambalinas, ademais da edición da revista, colabora en diferentes iniciativas en prol da divulgación do teatro; a RGT é unha das revistas fundadoras da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do teatro Mediterráneo -un interesante proxecto de coñecemento e cooperación entre diferentes revistas que urxe revitalizar- e forma parte tamén da Comisión Organizadora da Mostra de Cangas. Pero é o Fondo Teatral “María Casares” quen absorbe a maior dedicación. En que consiste? O Fondo Teatral “María Casares” está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo e é o resultado dun Convenio asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Revista Galega de Teatro e a Compañía de Teatro de Ningures.
Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dú
as entidades vaise enriquecendo progresivamente grazas ás continuas achegas de libros e revistas que, recibidas na redacción, apúntanse na RGT e posteriormente pasan a inventariarse na Biblioteca.
Grazas a esta trasfega, hoxe o fondo conta con máis de seiscentos volumes de libros de literatura dramática, de teoría, pedagoxía e técnica teatral e na súa hemeroteca poden atoparse coleccións de revistas emblemáticas xa desaparecidas como “Pipirijaina” e “O Público”, ademais de “Primer Acto”, “ADE”, “Actores”, “El Pateo”, “Artez”, “Ñaque Expresión”, “Art Teatral”, “La ratonera”, “Entreacte”, “Escaramuza”, “CasaHamlet” ou as portuguesas “Artistas Unidos” ou “Adagio” e por suposto a RGT.É moi posible que a Biblioteca Pública de Cangas sexa a única en Galicia que dispoña deste servizo, un servizo que deberá potenciarse e divulgarse máis xa que nesta zona hai unha intensa actividade teatral reflectida na existencia de dúas compañías profesionais de teatro e un bo fato de grupos de teatro afeccionados e escolares.
En Cangas hai ademais unha programación estable de teatro e organízase a “Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo” que chegou este verán de 2007 ao seu XXIV edición.
Por outra banda, a recente creación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, situada na próxima cidade de Vigo, aumentará, máis tarde ou máis cedo, a demanda deste servizo bibliotecario.
A Asociación Cultural Entre Bambalinas, ademais da edición da revista, colabora en diferentes iniciativas en prol da divulgación do teatro; a RGT é unha das revistas fundadoras da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do teatro Mediterráneo -un interesante proxecto de coñecemento e cooperación entre diferentes revistas que urxe revitalizar- e forma parte tamén da Comisión Organizadora da Mostra de Cangas. Pero é o Fondo Teatral “María Casares” quen absorbe a maior dedicación. En que consiste? O Fondo Teatral “María Casares” está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo e é o resultado dun Convenio asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Revista Galega de Teatro e a Compañía de Teatro de Ningures.
Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dú
as entidades vaise enriquecendo progresivamente grazas ás continuas achegas de libros e revistas que, recibidas na redacción, apúntanse na RGT e posteriormente pasan a inventariarse na Biblioteca.Grazas a esta trasfega, hoxe o fondo conta con máis de seiscentos volumes de libros de literatura dramática, de teoría, pedagoxía e técnica teatral e na súa hemeroteca poden atoparse coleccións de revistas emblemáticas xa desaparecidas como “Pipirijaina” e “O Público”, ademais de “Primer Acto”, “ADE”, “Actores”, “El Pateo”, “Artez”, “Ñaque Expresión”, “Art Teatral”, “La ratonera”, “Entreacte”, “Escaramuza”, “CasaHamlet” ou as portuguesas “Artistas Unidos” ou “Adagio” e por suposto a RGT.É moi posible que a Biblioteca Pública de Cangas sexa a única en Galicia que dispoña deste servizo, un servizo que deberá potenciarse e divulgarse máis xa que nesta zona hai unha intensa actividade teatral reflectida na existencia de dúas compañías profesionais de teatro e un bo fato de grupos de teatro afeccionados e escolares.
En Cangas hai ademais unha programación estable de teatro e organízase a “Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo” que chegou este verán de 2007 ao seu XXIV edición.
Por outra banda, a recente creación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, situada na próxima cidade de Vigo, aumentará, máis tarde ou máis cedo, a demanda deste servizo bibliotecario.
Historia | Comments Off